︎︎︎︎︎︎︎︎︎

EL PROCESO



As nosas trompas nacen da unión entre tradición e innovación. A un período de aprendizaxe baixo a tutela dos antigos ferreiros da zona que aínda conservan o coñecemento acerca da forxa da trompa, coma Oliverio Álvarez, sucedeuse unha ardua labor de investigación durante a cal experimentamos co instrumento, empregando a nosa arte e o noso oído, para tratar de construír o son máis rico, preciso e redondo posible.

A base de probas e máis probas fomos descubrindo como se relacionaban entre si os diferentes elementos do instrumento, e como traballar con eles para dar forma a diferentes vibracións, sons e amplitudes; como ir refinando o proceso para chegar ó que buscábamos dunha maneira fiable e certeira.

 
Unha vez desentrañamos as singularidades do instrumento, decidimos una liña de traballo e comezamos a construír as nosas trompas. Houbo bastantes intentos errados, e moitas partes do noso proceso foron mellorando conforme gañabamos experiencia.

Co tempo logramos que cada vez máis trompas pasaran o rigoroso control de calidade sonora ós que as sometemos e que súa riqueza musical fora crecendo.
A día de hoxe podemos dicir que percorremos un longo e complexo camiño; pero estamos orgullosos do que puidemos lograr, do instrumento que construímos, e temos confianza na nosa capacidade de producilo de maneira fiable. Tanto é así que decidimos que chegou o momento de facer chegar estas trompas ó mundo.