︎︎︎︎︎︎︎︎︎

A TROMPA ‘AVAREIRA’



Guiada por unha mestura de tradición, esforzo e sensibilidade, a peza que ves percorreu séculos de camiño para chegar ata aquí.

A trompa, birimbao ou arpa de boca é un instrumento tradicional presente en numerosas culturas ó longo e ancho do mundo, tendo tamén unha forte presenza nas montañas que unen Asturias con Galicia: as comarcas de A Fonsagrada, Oscos e Taramundi. Alí, unha conxunción de excelentes músicos e hábiles ferreiros cimentaron a súa popularidade, chegando a adoptar co tempo características propias case únicas no mundo.

    O proxecto ‘Avareira’ nace coma herdeiro desa conxunción, cun obxectivo claro de investigación e posta en valor do instrumento.



‘Avareira’ é un monte de abeleiras situado entre as tres comarcas ás que pertencemos, símbolo da unión das nosas xentes. Coma o monte, o noso proxecto quere ser un nexo entre xeracións, entre o antigo e o novo; un emblema do coñecemento e a cultura que transcenden o tempo e as fronteiras.

Demos forma a esta trompa para que poidas desfrutar da música; para que a vivas coa mesma paixón que nós puxemos na súa creación.
   

︎︎︎︎︎︎︎︎︎