AVAREIRA
Un grupo de ferreiros
e músicos das zonas montañosas que se atopan
entre Asturias e Galicia unímonos coa idea de recuperar
este instrumento, símbolo da memoria artesá e da riqueza cultural da nosa
terra.
A TROMPA ‘AVAREIRA’
Guiada por unha mestura de tradición, esforzo e sensibilidade, a peza que ves percorreu séculos de camiño para chegar ata aquí.
A trompa, birimbao ou arpa de boca é un instrumento tradicional presente en numerosas culturas ó longo e ancho do mundo, tendo tamén unha forte presenza nas montañas que unen Asturias con Galicia: as comarcas de A Fonsagrada, Oscos e Taramundi. Alí, unha conxunción de excelentes músicos e hábiles ferreiros cimentaron a súa popularidade, chegando a adoptar co tempo características propias case únicas no mundo.
O proxecto ‘Avareira’ nace coma herdeiro desa conxunción, cun obxectivo claro de investigación e posta en valor do instrumento.
‘Avareira’ é un monte de abeleiras situado entre as tres comarcas ás que pertencemos, símbolo da unión das nosas xentes. Coma o monte, o noso proxecto quere ser un nexo entre xeracións, entre o antigo e o novo; un emblema do coñecemento e a cultura que transcenden o tempo e as fronteiras.
Demos forma a esta trompa para que poidas desfrutar da música; para que a vivas coa mesma paixón que nós puxemos na súa creación.
Demos forma a esta trompa para que poidas desfrutar da música; para que a vivas coa mesma paixón que nós puxemos na súa creación.
︎︎︎︎︎︎︎︎︎
︎︎︎︎︎︎︎︎︎
OS CREADORES
Unha unión de ferreiros e músicos da zona é a que fixo posible o nacemento deste proxecto, que tampouco podería existir sen o inestimable legado de coñecemento de todos aqueles artesáns e tocadores que nos precederon: avós e mentores, custodios dunha tradición inmaterial con séculos de andadura.
O proxecto ‘Avareira’ fórmano:
O proxecto ‘Avareira’ fórmano:
Friedrich Bramsteidl
Mestre ferreiro austríaco de longa tradición, actual custodio do mazo hidráulico de Mazonovo en Santalla de Oscos.Juan Carlos Quintana
Navalleiro e músico de Taramundi, creador do museo de la cuchillería, gaiteiro e conservador da tradición oral.Paz Prieto
Oficial ferreira e restauradora, aprendiz de Friedrich, ademáis de guía e conservadora do Mazo de Mazonovo.Dani do Pando
Músico de trompa, mestre do instrumento e instrutor de numerosos cursos.
︎︎︎︎︎︎︎︎︎
EL PROCESO
As nosas trompas nacen da unión entre tradición e innovación. A un período de aprendizaxe baixo a tutela dos antigos ferreiros da zona que aínda conservan o coñecemento acerca da forxa da trompa, coma Oliverio Álvarez, sucedeuse unha ardua labor de investigación durante a cal experimentamos co instrumento, empregando a nosa arte e o noso oído, para tratar de construír o son máis rico, preciso e redondo posible.
A base de probas e máis probas fomos descubrindo como se relacionaban entre si os diferentes elementos do instrumento, e como traballar con eles para dar forma a diferentes vibracións, sons e amplitudes; como ir refinando o proceso para chegar ó que buscábamos dunha maneira fiable e certeira.

Unha vez desentrañamos as singularidades do instrumento, decidimos una liña de traballo e comezamos a construír as nosas trompas. Houbo bastantes intentos errados, e moitas partes do noso proceso foron mellorando conforme gañabamos experiencia.
Co tempo logramos que cada vez máis trompas pasaran o rigoroso control de calidade sonora ós que as sometemos e que súa riqueza musical fora crecendo.
A día de hoxe podemos dicir que percorremos un longo e complexo camiño; pero estamos orgullosos do que puidemos lograr, do instrumento que construímos, e temos confianza na nosa capacidade de producilo de maneira fiable. Tanto é así que decidimos que chegou o momento de facer chegar estas trompas ó mundo.

TENDA
PRÓXIMA APERTURA
Próximamente poñeremos en marcha a tenda on-line onde poderás ver e adquirir as nosas arpas trompas. Mentres tanto, se tiveses algún tipo de consulta ou desexases facer un encargo de forma directa, non dubides en escribirnos ó contacto que figura a continuación.